[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Para cando a urbanización da contorna da Biblioteca?
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa non entende como se pode abrir a nova biblioteca municipal de Cambre, sen urbanizar a contorna e sen finalizar a obra.
Alternativa aposta pola posta en marcha do servizo inmediatamente. É moita hora para a veciñanza de Cambre de poder facer uso de novo dunha biblioteca en Cambre, xa que pasou case un ano dende que o goberno pechou a antiga biblioteca para o seu traslado.
Dende logo unha xestión espantosa da vida cultural do Concello: tarde, mal e arrastras.
A preocupación e o grave do asunto está no que queda por finalizar e que o goberno municipal non explica o que leva acontecendo estes case dous anos que leva a infraestrutura construída e pechada.
No seu día o promotor tiña que pagar un aval de 529.872 euros para urbanizar a contorna (accesos, rotonda na estrada,…) antes de poder iniciar a actuación urbanística. A realidade a día de hoxe é que nada se sabe deste aval e todo son preguntas: Porque non se abre a Casa da Cultura ao completo? Cando se vai a reclamar dende o Concello de Cambre a urbanización da contorna? Porque un ano para abrir a biblioteca?
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]