Palestina protagonizará unha sesión a tarde do xoves, día 23 de maio, no Auditorio da Fábrica de Perillo. Será grazas á conferencia de Sahar Shatat que pronunciará ás 8 da tarde, acompañada polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a música do cantautor Paris Joel.
O acto está organizado por BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel!), un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina, nun momento no que Israel está completando o seu soño de décadas: facerse con todo o territorio ata o Sinaí, perseguindo, deturpando e eliminando, en nome da relixión xudea, a todas as persoas que o poboaban.
Convertir as súas cidades en ruinas, rematar o gran xenocidio do pobo palestino iniciado hai case 80 anos, sempre co apoio europeo e estadounidense na aventura colonial máis cruel dos últimos tempos e despreciando constantemente ás Nacións Unidas é o resultado das accións sionistas ao fondo do Mediterráneo.