Palestina entra na memoria colectiva de Santa Cruz

Abre a rúa Yasser Arafat, que conecta Concepción Arenal e a rúa do Souto

O Concello de Oleiros abreu un novo espazo público para os veciños de Oleiros. Unha nova rúa en Coruxo (Santa Cruz), cunha estética marabillosa, pensada ante todo para as persoas, e que conectará a avenida Concepción Arenal coa rúa do Souto.

Abrimos tamén, unha vez máis, algo moito máis importante: as conciencias da cidadanía para seguir reclamando o lexítimo dereito do pobo palestino a vivir na súa terra en paz; as conciencias para denunciar o imperialismo terrorista e xenocida do Goberno de Israel que causa horror e barbarie en Gaza e Cisxordania.

A rúa Yasser Arafat é un recoñecemento á figura dun loitador pola liberdade do seu pobo, recoñecido internacionalmente co Nóbel da Paz ou co Princesa de Asturias, e que no seu día foi asasinado por defender a paz.

Varias rúas de Maianca levan tamén nomes desa simbólica zona do mundo, que marcou fortemente a sensibilidade de tantas xeracións dos séculos XX e XXI.

Comparte esta nova!