Os pais e as nais reclaman á dirección do Colexio Rabadeira recuperar os libros dos seus fillos e fillas das aulas
Varios pais e nais dirixíronse ao Concello para denunciar a situación que están a sufrir os seus fillos en relación á imposibilidade de recuperar os libros que teñen nas aulas do Colexio Rabadeira, e así poder estudar na casa. Estes mesmos pais indicaron que desde o colexio colgan arquivos na rede para a súa descarga, que posteriormente hai que imprimir ou fotocopiar, co conseguinte problema no caso de carecer dos medios de impresión.
Para evitar posibles contaxios, a conserxe podería depositar o material solicitado polos pais para a súa recollida nun punto concreto do colexio. Posteriormente podería ser recollido, sen contacto físico de ningún tipo.
A educación é unha competencia da Xunta de Galicia, non dos concellos. Os conserxes dos colexios si son persoal municipal e están a cumprir a súa xornada laboral dentro dos recintos escolares e podería colaborar neste asunto.