[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Os veciños e veciñas de Oleiros poderán adquirir pisos a prezo taxado en Xaz, Oleiros e Mera
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros sacará proximamente á venda 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións, a un prezo inferior ao de mercado para a construción de vivendas de prezo taxado, que se venderán a veciños e veciñas de Oleiros a prezos inferiores aos de mercado. Os solares están situados nas proximidades do campo de golf de Xaz, no centro de Mera e na praza da Rabadeira, en Oleiros.
A oferta deste solo está dirixido a promotores ou cooperativas que se puideran formar. O prazo de licitación será de 15 días, desde o momento da publicación da oferta de solo na Plataforma de Contratación do Estado. Para realizar consultas sobre este proceso, as persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
Para a posterior adquisición destes pisos de prezo taxado (37 en Xaz, 12 en Oleiros e 15 en Mera), terán prioridade os veciños e veciñas de Oleiros. No caso de que non exista demanda por parte da cidadanía do municipio, a venda abrirase a persoas doutros concellos.
SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES
O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
LISTAXE DE PARCELAS ACTUALMENTE Á VENDA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]