Os pais e nais de Oleiros dispoñen de 304 prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Muestra Vivir en Oleiros - 080 (1) (1)

Oleiros foi un municipio precursor na creación de escolas infantís públicas. Dada a preocupación que sempre tivo Alternativa dos Veciños por contar cunha educación pública de calidade e para facilitar a conciliación familiar, malia que as competencias no ámbito do ensino son exclusivas das comunidades autónomas, o Goberno municipal logrou o solo necesario e construíu os centros da Pardela (en 1994, por 30.182.224 pesetas), As Galeras (en 2002, por 51.495.544 pesetas), A Canteira (en 2005, por 797.785 euros) e conseguiu facerse co edificio da Casa Labarta en Mera para habilitalo como escola (en 2006, por 192.000 euros). O Concello asumiu integramente a xestión ata 2008, cando se lle traspasou á Xunta para que cumprise coas súas obrigas.

Froito dese esforzo municipal no eido da educación, os pais e nais de Oleiros dispoñen para o próximo curso escolar de 304 prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Pechado o prazo de matrícula presentáronse 137 solicitudes, a inmensa maioría cuadruplicadas para obter praza nalgunha das 4 escolas. Cando se resolvan saberase hai lista de agarda ou non, pero tendo en conta os datos de anteriores todo indica que se poderán atender todas as solicitudes.

Esta é a realidade, que nada ten que ver coas manipulacións informativas realizadas por algúns medios de comunicación e partidos políticos días atrás.

Novas relacionadas