Diante do posible acordo para aprobar os orzamentos o Estado de 2025 hai que ter en conta a necesidade de destinar importantes recursos á recuperación das zonas afectadas pola DINA en València, o que obrigará a que o Goberno chegue a acordos cos distintos grupos.
Sería unha irresponsabilidade imperdoable utilizar o boicot orzamentario para desgastar ao presidente Sánchez. Terán que falar, negociar, entenderse, pero tamén ter en conta outros investimentos noutros lugares como a Área Metropolitana da Coruña, onde existen tre obras que deberan ser prioritarias para 2025, segundo manifestou o concelleiro de Oleiros Pablo Cibeira.
Unha é a ampliación da ponte da Pasaxe, desde hai xa anos unha reivindicación da comarca. Na súa primera fase, ademáis, non afectaría ao tráfico, xa que consistiría en construir unha nova ponte, paralela á actual. Outra obra importante é a conexión dos paseos da ría entre Cambre e Oleiros, que teñen dous treitos pendentes que o Estado non pode deixar no lamentable estado no que se atopan agora, con risco para a seguridade das persoas e incumprindo as condicións de accesibilidade.
Tamén prioritaria é a recuperación da Praia de Santa Cruz mediante a incorporación de area. Actualmente entre a pasarela do Castelo e o porto existe un gran pedregal que non se pode utilizar para o baño e ademáis deixa desprotexida a base do paseo ante o embate do mar.
Alternativa é unha entidade política municipalista, polo que non está en Madrid. Pero hai 8 deputados coruñeses no Congeso, que deben realizar o seu traballo e moverse para conseguir estas importantes obras para a cidadanía coruñesa.