Os Orzamentos de Cangas do pasado ano deben auditarse

O Goberno Local non cumpliu o orzamento pactado e ademáis desviou fondos para outros fins

Alternativa dos Veciños de Cangas vén de tomar a decisión de solicitar ao Tribunal de Contas unha auditoría dos Orzamentos Municipais de 2024 debido aos graves incumprimentos do goberno local na súa execución.

No 2024 Alternativa dos Veciños apoiou os orzamentos municipais coa condición de que se aceptaran as súas emendas e se executaran, dito orzamento foi aprobado definitivamente no pleno de agosto do 2024, incluíndo as enmendas votadas favorablemente e incorporadas no documento final.

Pois sete meses despois e tras pechar xa o exercicio 2024, o executivo municipal non só ignorou a súa posta en marcha, senón que desviou fondos aprobados para outras finalidades sen autorización formal, o que podería constituír unha infracción grave en materia de xestión orzamentaria.

Entre as irregularidades detectadas, atopámonos con que partidas aprobadas e dotadas economicamente non foron executadas e, e na maioria dos casos, os fondos foron utilizados para outros gastos non contemplados no orzamento aprobado, e cada vez se lle pregunta ao goberno presume nos plenos de que o dedican ao que consideran sin transparencia de ningún tipo e sin que poidamos visualizalo no día a día do noso concello.

Un exemplo claro é a partida destinada á creación da Aula Matinal, que contaba cunha dotación de 10.000 euros e que foi desviada para pagar facturas da luz dos colexios sen ningún tipo de modificación orzamentaria aprobada en pleno, o salario dos socorristas e vai pasar para a contratación externa dunha empresa, o plan do comercio e do turismo sostible que alcanzaban os 170.000 € non sabemos a que se adicaron, e un longo etc

Este comportamento non só incumpre os acordos plenarios, senón que tamén podería supoñer unha irregularidade na xestión dos recursos públicos, xa que o goberno non pode destinar fondos aprobados para unha finalidade a outro uso sen seguir os procedementos legais establecidos.

Diante desta situación, Alternativa dos Veciños esixirá unha auditoría externa e independente ao Tribunal de Contas para fiscalizar a execución dos orzamentos e determinar se se produciron irregularidades na xestión dos fondos públicos.

O goberno municipal non pode actuar de maneira arbitraria nin ignorar os acordos plenarios aprobados democraticamente. Se o orzamento foi aprobado, debe cumprirse, e calquera cambio nas partidas debe facerse seguindo os procedementos legais establecidos. O desvío de fondos sen autorización non só pode ser ilegal, senón que tamén supón un desprezo ás decisións do pleno e, en consecuencia, á cidadanía de Cangas.

Alternativa dos Veciños seguirá defendendo a legalidade e a transparencia na xestión dos recursos públicos, e tomará todas as medidas necesarias para garantir que os orzamentos se cumpran e que os fondos municipais sexan empregados correctamente.

Comparte esta nova!