O grupo considera especialmente grave que se empreguen canles institucionais para presentar como unha suposta “cooperación entre Concello e Xunta para mellorar a seguridade viaria” unha actuación que é compentencia exclusiva da administración autonómica e que foi demandada durante anos pola veciñanza e por diferentes grupos políticos.
Alternativa critica que este tipo de publicacións distorsionan a realidade, desvirtúan o carácter institucional dos medios públicos e contribúen a confundir á veciñana cun relato interesado ao servizo da imaxe do goberno municipal.
Non é a primeira vez que Alternativa denuncia este tipo de práctica e insiste en que os medios municipais deben empregarse exclusivamente para ofrecer información pública útil, obxectiva e sen manipulación política nin usos propagandísticos. E reitera que seguirá fiscalizando este tipo de comportamentos. “Cada forza política dispón dos seus canais para facer valoracións, difundir posicionamentos ou atríbuirse méritos.”