Os locais de ensaio de Cambre pechados sen explicacións previas

Alternativa critica a posible opacidade e improvisación no repentino peche da instalación cultural municipal.

Alternativa esixiu información sobre a xestión da situación, posto que o comunicado produciuse só un día despois de que o grupo municipal solicitase información sobre o servizo durante o pleno e tamén uns días despois de o goberno mantivera unha reunión cos grupos que empregan as instalacións.

Segundo traladou o executivo local o peche estaría motivado por unha problemática relacionada coa insonorización acústica da instalación. Porén desde Alternativa consideran moi preocupante a forma na que se xestionou esta situación, tanto pola falta de información previa aos grupos que empregan o espazo como pola ausencia de transparencia institucional durante o pleno.

O grupo lembra que tan so unha semana antes o goberno mantivo un encontro cos grupos que ensaian na instalación, en relación a cuestións vinculadas ao Rock in Cambre, sen que nese momento se lles trasladase ningunha advertencia sobre un posible peche inminente.

Ademáis, Alternativa sinala que o día anterio ao comunicado preguntou expresamente no pleno pola situación actual do servizo e a pesar de expoñer as queixas dunha veciña por ruido, o executivo non ofreceu información algunha sobre a decisión que adoptada ao día seguinte.

Alternativa xa esixiu información detallada sobre a situación e insta ao executivo local a unha rápida reubicación para que os grupos non teñan que parar a súa actividade cultural.

Comparte esta nova!