A campaña difamatoria sobre a reurbanización do Paraíso está promovida por intereses persoais para vender unha propiedade nesta zona
A campaña malévola, difamatoria e interesada sobre a reurbanización da zona urbana do lugar do Paraíso está a ser realizada por unha persoa residente nesta zona, que desde hai anos pretende vender a súa propiedade por 650.000 euros aos mesmos promotores aos que denuncia. Esta persoa intenta presionar a través dunha actividade de falsa protectora medioambiental co único fin de lucrarse persoalmente.
O Paraíso era unha zona urbana anterior ás primeiras eleccións democráticas do 1979, na que os seus propietarios impedían o paso polas rúas mediante a colocación de cadeas. Nesta zona tampouco existiu nunca ningunha zona verde pública municipal dado que todo o solo era construíble. Foi o Concello de Oleiros, a través do Plan Xeral, o que obrigou a crear un espazo verde de máis de 7.000 metros cadrados de uso público total lindando coa costa da ría da Pasaxe naqueles parcelas quedaban sen edificar, para prolongar o paseo que desde Beiramar conectará co Seixo.
É de lamentar que os comparsas políticos locais do BNG, do PSOE e do PP, que deberían coñecer a situación, xoguen e dancen ao ritmo que lles impoñen persoas ligadas ao partido VOX. É igualmente lamentable que algúns medios de comunicación se convirtan en altofalantes deste tipo de operación nas que só se procura o enriquecemento persoal.