[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Os alcaldes de Culleredo, Cambre e Oleiros aprazan a creación dun bus ás praias no verán ante a esixencia económica da empresa concesionaria
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os alcaldes de Culleredo, José Ramón Rioboo, Cambre, Óscar García Patiño, e Oleiros, Ángel García Seoane, xunto coa primeira tenente de alcalde, María Xosé Varela, mantiveron na mañá de hoxe unha reunión no Concello de Culleredo para abordar a posible creación dun servizo extraordinario de buses no verán. Ao encontro asistiron tamén os responsables da empresa concesionaria do transporte metropolitano, Autos Calpita – Asicasa, coa que era necesario acordar a proposta.
A idea formulada polo Concello de Oleiros consistía en establecer expedicións diarias na tempada estival desde Cambre e Culleredo ata a praia de Bastiagueiro. Os rexedores veron ben a proposta e xa mantiveron dúas reunións previas para definir os detalles.
Pero na reunión de hoxe, os representantes da concesionaria alegaron que non se poden facer cargo deste servizo sen unha importante achega económica. Cifrárona en 25.000 euros ao mes, é dicir., 75.000 euros para todo o verán. Tampouco aceptaron un período de proba sen un custe, que roldaría os 18.000 euros.
Finalizado o encontro coa empresa, os alcaldes mantiveron unha segunda reunión na que decidiron de forma unánime descartar temporalmente a posibilidade, dado que coincidían en que debía ser un servizo a custe cero, autofinanciado. Consideran que dita cifra tería mellor destino na mellora xeral do transporte os 365 días do ano. Ademais, a achega de fondos municipais tería tamén problemas a nivel de tramitación administrativa.
O alcalde de Oleiros sinalou que esta postura da empresa distaba totalmente da que lle manifestara nunha reunión previa que el mantivera cos seus responsables, pola que se pensaba que sería viable a proposta.
Rioboo, Patiño e García Seoane manifestaron o seu compromiso por buscar fórmulas conxuntas que incrementen a mobilidade dos cidadáns dos tres municipios. Por iso, emprazáronse para traballar con tempo nesta e noutras vías sen que supoñan un sobrecuste para as arcas municipais.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]