[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Os alcaldes aceptan as alegacións de Alternativa dos Veciños aos estatutos da Mancomunidade
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Na xuntanza de alcaldes celebrada no día de hoxe informouse que foron aceptadas as alegacións presentadas aos estatutos da Mancomunidade. Desta maneira, os concellos de Bergondo, Betanzos, Sada, Oleiros, Carral, Cambre, Culleredo e Abegondo recibirán o documento definitivo de estatutos para aprobalo nos correspondentes plenos municipais nun prazo de dous meses.
Nunha das alegacións presentadas solicitábase un sistema de votación xusto, proporcional ao peso poboacional e ás aportacións económicas realizadas. Coa aceptación desta proposta, na futura Mancomunidade Abegondo terá 13 votos, Bergondo 13 votos, Betanzos 17 votos, Cambre 25 votos, Carral 13 votos, Culleredo 33 votos, Oleiros 37 votos e Sada 21 votos.
Outra das cuestións que foi aceptada era a necesidade de liquidar o Consorcio antes de crear a Mancomunidade e determinar o que sucedería cos traballadores do organismo. Atendendo a esta importante cuestión crearase unha comisión liquidadora do Consorcio, procederase a licitar o inventario de bens, a RPT e proporase un plan de estabilización do persoal.
Outra das demandas era a de control e supervisión das contas do Consorcio, dado que ao ter adscrito o organismo por ser o municipio de maior peso é Oleiros o responsable das contas do Consorcio ante o Ministerio de Facenda. Aceptando tamén a proposta realizada, o interventor do Concello de Oleiros pasará a ser tamén o interventor do Consorcio das Mariñas.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]