Orzamentos participativos en Bergondo para o 2026

Alternativa anima á participación da oitava edición desta iniciativa, na que as veciñas e veciños propoñen as súas ideas para mellorar o municipio.

O Concello reserva unha partida de 100.000 euros para financiar a mellor das propostas recibidas. Outro tipo de iniciativas de interese, aínda que non se adapten a este proceso, poderán ser incluídas noutros paquetes de investimento ou subvenciónsde outras administracións.

As persoas interesadas en participar poden enviar as súas propostas ata o 24 de outubro.

Cales son os requisitos para participar?

  • Estar empadroado ou residir en Bergondo.
  • Propostas sexan viables.
  • A execución dependa do Concello e non doutras administracións.
  • Que teñan un interese xeral ou parroquial.

Cómo presentar a túa proposta?

  • Cubrir o formulario que encontraras nesta ligazón.
  • Para presentalo podes facelo a través de diferentes medios: Rexistro municipal, na sede electrónica, nos buzóns dos centros sociais de cada parroquia ou por correo electrónico a correo@bergondo.gal

Tras recompilar todas as propostas e escolleráse unha que se axuste aos requisitos de participación e publicarase o resultado o 31 de outubro na web e nas redes sociais municipais.

Comparte esta nova!