Alternativa dos Veciños aprobará este xoves o orzamento do Concello de Oleiros para o 2019
O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobará no pleno de mañá o orzamento municipal do Concello de Oleiros para o ano 2019 que ascende a 30.114.721,00 euros, o que supón un incremento do 7,55% en relación ao do exercicio anterior. O documento xa foi presentado previamente ás entidades que enviaron propostas que, nalgúns casos, foron incluídas.
Ademais do orzamento, tratarase o límite de gasto non financeiro e a regra de gasto do Concello de Oleiros para o ano 2019. Tamén está previsto que se acorde delegar na administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a competencia relativa á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso á categoría de Policía (quendas libres e por mobilidade) e de Auxiliar de Policía do Corpo da Policía Local do Concello de Oleiros.