Oleiros volve á carga para conectar o bus urbano 1-A con Santa Cristina todo o ano

A conexión deste bus con Santa Cristina abre unha nova ruta, pois podería realizarse trasbordo para ir a outros lugares da cidade

Entre outras melloras necesarias para o transporte público en Oleiros, o Goberno municipal vai retomar as xestións para que o bus urbano 1-A da Coruña conecte con Santa Cristina de forma permanente durante todo o ano.

O alcalde vai solicitar reunirse proximamente co Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e a Compañía de Tranvías para volver dispoñer deste servizo, paralizado desde o 2022 pola Xunta de Galicia.

A conexión deste bus con Santa Cristina abre unha nova ruta para a cidadanía de Oleiros, que neste punto, podería realizar trasbordo para dirixirse a outros lugares da cidade distintos aos das actuais liñas en funcionamento. É o caso de Porta Real, hospital Abente y Lago, Alfonso Molina, Matogrande, Monelos, Elviña….

Comparte esta nova!