Un movemento de Concellos está a reclamar do Goberno de España a eliminación da peaxe da Autoestrada do Atlántico, unha sangría que afecta tanto a familias coma a empresas e crea unha considerable discriminación a respeito doutras zonas do estado, que dispoñen dunha rede viaria de alta capacidade sen peaxes.
É o caso do eixo mediterráneo, que hai poucos anos liberou a AP7 ou Andalucía, onde xa non queda nengunha autoestrada pola que haxa que pagar. O estado, en época do PP, obrigou a todo o Eixo Atlántico a abonar peaxes por circular ata 2048 debido á ampliación da Ponte de Rande e a circunvalación de Santiago.
A alcaldesa de Santiago convoca ao resto dos alcaldes o venres día 7 de marzo para crear un medio de presión, de tal forma que o Estado se decida por fin a tomar partido por esta aspiración que tanto afecta á economía empresarial e familiar.