O Concello de Oleiros solicita unha reunión urxente coa Xunta para coñecer o estado do plan de transporte

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros solicita unha reunión urxente coa Xunta para coñecer o estado do plan de transporte

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Diversos medios de comunicación recollían esta fin de semana informacións sobre a inmediata contratación de novas concesións nos servizos de transporte público da comarca da Coruña. O Concello de Oleiros presentou diversas alegacións ao primeiro proxecto presentado pola Xunta para mellorar as liñas e as frecuencias actuais, sen recibir ata o momento ningún tipo de comunicación sobre este asunto.

Entre outras demandas, o Concello de Oleiros solicitou unha frecuencia de 30 minutos para Montrove, Oleiros, Serantes, Maianca, Dexo e Lorbé; a creación dunha liña ao campus universitario adaptada aos horarios dos estudantes; conexións nocturnas para facilitar os traslados relacionados co ocio nocturno; mellorar a comunicación coa capital do Concello e prolongar a liña de Oleiros ata o polígono comercial de Iñás en horario laboral.

Para coñecer cales das propostas realizadas polo Concello de Oleiros foron incluídas no Plan de Transporte e cales non, o Goberno municipal solicitou unha reunión urxente cos responsables autonómicos. “Temos moi claro que non imos seguir consentindo que á capitalidade do municipio haxa un bus cada hora, cando estamos falando dunha liña que colle 17.000 habitantes. Tampouco imos permitir que Mera, Dexo e Lorbé sigan coas conexións que teñen na actualidade”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!