op1

Oleiros colabora na reparación do barco da ONG Open Arms

A ONG Open Arms, que se dedica a salvar persoas refuxiadas no Mar Mediterráneo, precisa colaboración para reparar o barco que están a utilizar e co que xa lle salvaron a vida a máis de 6.000 persoas que fuxían dos seus países polo mar. O Concello de Oleiros vai colaborar na reparación do cadro eléctrico do buque cunha aportación de 10.000 euros.

A presenza de barcos como o do Open Arms e o seu perfecto funcionamento é imprescindible para protexer miles de vidas en perigo de morte ante o baleiro humanitario existente no Mediterráneo. Actualmente o barco atópase en Burriana, Castellón, para facer as revisións regulares e mantemento periódico das súas instalacións.

Novas relacionadas