O Concello de Oleiros recorre ás cooperativas para promover vivenda a prezo de custo

54 familias poderán beneficiarse de adquirir un piso en Mera, Xaz ou Perillo

O Goberno Municipal de Oleiros salva a ineficacia das políticas de vivenda da Xunta grazas ao sistema de cooperativas, co que se consiguen construir 54 vivendas ao mínimo prezo posible en zonas de máxima demanda.

Iso lógrase ao eliminar os marxes que conseguen as empresas promotoras, xa que as cooperativas non poden crear beneficios: todo o que se paga é o que se necesita para mercar o chan e construir a vivenda. Máis nada.

O chan precisamente é do que dispón o Concello. Nesta ocasión son tres predios en Mera, Xaz e Perillo, ámbitos que por distintas razóns conforman tres espazos de alta demanda e moi alta calidade urbana, nas que se erixen as mellores urbanizacións de Galicia.

As persoas interesadas en unirse a estas cooperativas deben preinscribirse na web municipal. Posteriormente serán informadas das características deste tipo de promocións, para constituir posteriormente as cooperativas de vivendas.

Fincas a prezo de custo

As fincas nas que se construirán as vivendas fóron sacadas a subasta pública polo Concello, coa condición de que quen as mercase debería construir vivendas de prezo taxado. Pero o resultado foi negativo, porque nengunha promotora se interesou polo proceso. Agora, o predio pode venderse, polo prezo inidial de saída, para levar adiante as vivendas.

Tradicionalmente, Alternativa promove en Oleiros a construción de vivendas a prezo asequible pensando nas veciñas e veciños que non poden acceder a unha propiedade do mercado libre. Importantes promocións como Arillo ou Mesón da Auga, en colaboración co IGVS, fóron desenvolvidas, xunto con outras en urbanizacións como Galeras, Canide, entre moitas outras, ata completar máis de 700 vivendas creadas nos últimos anos para persoas con menos recursos, unha acción política que aínda continúa para favorecer a vida das persoas.

Comparte esta nova!