Oleiros quere que se atenda como merece ao alumnado con necesidades especiais

Unha carta do alcalde á Consellería alértalle desta realidade que incide na calidade do ensino a estas persoas, que precisan, se cabe, unha atención máis intensa

A carencia de profesorado específico para o alumnado con necesidades especiais resulta un grave deterioro para a calidade da ensinanza pública. Así llo fixo saber o Concello á Xunta ante os recortes que se produciron entre o persoal de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

O alcalde enviou unha carta á Consellería de Educación reclamando que alomenos se cumpran os criterios do pasado ano, tal como solicitaron as ANPAS centros.

En Nós, o colexio Juana de Vega pasou de 404 alumnos a 417, pero o profesorado de apoio reduciuse de 5 profesores a 3. Nese colexio reclaman tamén a incorporación dun profesor para primaria que aínda non chegou, provocando os lóxicos inconvintes no funcionamento e organización do centro, así como un forte malestar na comunidade educativa.

En Oleiros rexístrase unha situación semellante no colexio Rabadeira, onde recortaron unha praza de profesorado de Audición e Linguaxe, malia que o alumnado con necesidades especiais aumentou.

Os nenos e nenas con necesidades especiais requiren unha atención máis intensa que o resto, polo que, cando menos, é preciso que se cumpra a normativa, algo que neste curso, de momento, non acontece nos colexios públicos de Nós e Oleiros.

Comparte esta nova!