A xestión verde do territorio suma un recoñecemento máis en Oleiros. Unha nova senda, a que percorre as parroquias interiores de Nós e Iñás, acaba de ser incluida na Rede europea de Sendeiros Azuis, na que tamén se atopan a senda litoral, a rede de sendas do Monumento Natural de Dexo e Serantes e a senda de Xaz.
A maioría destes kilómetros de vías amables ciclopeonís, sen vehículos a motor, non son só itinerarios de lecer, senón que moitos deles son itinerarios alternativos para a mobilidade diaria peonil e ciclista, como a senda litoral ou a vía alternativa á estrada N6 que agora se incorpora a esta rede azul.
Quen concede o privilexio de ser incluido na rede é a ADEAC. Para iso, previamente analiza a preservación e mellora das condicións ambientais existentes, a seguridade e facilidade de uso para os visitantes, e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos.
Os 4 km que conforman esta rota de bosque paralela á N6 conéctanse fácilmente co outro gran sendeiro litoral, que nace no límite co concello de Cambre e percorre —aínda con pequenas intermitencias— todo o litoral municipal. Ademáis dos dous segmentos que Costas do Estado debe completar tras deixalos sen rematar tras a restauración da ría, está en marcha a conexión entre Naval e Canide, uns 2.5 km que completarán a práctica totalidade do percorrido.