Oleiros elixe o xoves os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas
Alternativa dos Veciños ten convocada para o vindeiro xoves 15 de novembro, ás 20:30 horas na Casa Charry, unha asemblea aberta para escoller as tres persoas que representarán á parroquia de Oleiros nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación.
Con anterioridade xa se celebraron estas asembleas nas localidades de Dorneda, Dexo, Nós e Mera que escolleron como persoas candidatas a María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López; Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez; Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz; e Marga Figueroa, Pablo Cibeira, María Siso, Mapi Taibo e Francisco Pita respectivamente.
Para escoller ás 15 persoas que faltan para participar nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños, nas vindeiras semanas terán lugar as seguintes asembleas locais:
– Oleiros: xoves 15 de novembro ás 20:30 horas na Casa Charry.
– Iñás: luns 26 de novembro ás 20:30 horas na casa do pobo.
– Liáns: mércores 28 de novembro ás 20:30 horas nas Torres de Santa Cruz.
– Perillo: venres 30 de novembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura.