Oleiros define os poucos baixos comerciais que poden convertirse en vivendas

Preservar a mestura e a diversidade de usos das distintas comunidades urbanas do municipio inspirou esta decisión municipal

Oleiros enviou xa á Xunta os lugares nos que non se poden convertir os baixos en espazos residenciais, tal como pedía o Goberno autonómico, que xogaba coa idea de que calquera lugar podería convertirse en vivenda. 

O Concello de Oleiros blinda a maioría dos baixos dos núcleos compactos para preservar a diversidade funcional das comunidades, ou o que é o mesmo: que convivan espazos residencias e profesionais ou laborais nos mesmos barrios.

Esta medida do Concello de Oleiros reflexa os baixos dos edificios que realmente poden convertirse en vivendas. A medida conecta con aquela outra decisión, tomada hai anos, que impide a utilización das residencias como vivendas turísticas.

Desde o Concello, o goberno da Alternativa —dixo o alcalde, Ángel García Seoane— fai un chamamento ás comunidades veciñais para que se denuncien os casos de vivendas mal denominadas turísticas, que non son máis que un negocio fraudulento á Facenda Pública e que se considera unha das causas da falta de vivendas en aluguer estable.

Comparte esta nova!