Oleiros pide á Coruña unha postura conxunta ante a pasarela sobre Santa Cristina

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Oleiros pide á Coruña unha postura conxunta ante a pasarela sobre Santa Cristina

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Oleiros fará “pinza” coa Coruña para tratar de paralizar o atentado ambiental e absurdo urbanístico que supón destrozar a paisaxe de Santa Cristina cunha pasarela que non resolve ningún problema de mobilidade. A infraestrutura é un capricho da Xunta para gañar protagonismo de cara ás municipais enredando cun tema que incomoda moitísimo aos dous concellos implicados e, pese a que non vai saír adiante, deixará algúns miserables beneficios aos autores do proxecto, xa que se calcula que só nese proceso o Goberno galego gastará medio millón de euros.

O alcalde, Ángel García Seoane, pedirá unha entrevista coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para establecer unha postura conxunta sobre esta absurda iniciativa, que tería que conectarse en dúas vías de titularidade municipal, polo que a Xunta, en definitiva, non podería actuar sen a aquiescencia dos municipios.

A pasarela é desde todo punto de vista un despropósito, xa que, no hipotético caso de resultar operativa, suporía ateigar de coches privados as rúas de Santa Cristina, que resultarían na práctica un aparcamento para os usuarios dos hospitais da zona das Xubias.

Os 8 millóns de euros que a Xunta ten na recámara para a construción desa infraestrutura peonil deben reconducirse para ampliar liñas e frecuencias do transporte público, mellorar as estradas da súa titularidade, dotándoas de carrís ciclopeonís para mellorar a seguranza viaria, ou de promover a mobilidade natural establecendo un plan serio e consensuado para establecer unha auténtica rede ciclopeonil para a comarca.

Construír infraestruturas a base de ocorrencias preelectorais é o peor xeito de xestionar o diñeiro público, que debe ser investido cun maior sentido da responsabilidade.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!