O Concello de Oleiros coopera cun centro de acollida de persoas refuxiadas en México

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros coopera cun centro de acollida de persoas refuxiadas en México

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A orde das Mercedarias Misioneras de Berriz vai recibir unha subvención do Concello de Oleiros de 8.000 euros para mellorar as instalacións do Albergue Casa do Peregrino Migrante en Huichapán, Hidalgo (México). Neste centro, que dirixe a orde Xesuíta, proporcionarase aloxamento e alimentación ás persoas migrantes ao seu paso por México.

O albergue atópase a 150 km da cidade de México e contará coa colaboración do Concello para a impermeabilización e pintura desta instalación, a construción dun consultorio, a creación de habitacións para os voluntarios e dotación de baños e duchas.

As Mercedarias Misioneras de Berriz son relixiosas que traballan en diferentes pobos do mundo en favor de diferentes colectivos. O ano pasado constituíron en México un servizo de asistencia á migración formado por unha irmá de base fixa e outras irmás que, desde os cinco continentes, desprázanse de maneira rotativa durante 6 meses ou 1 ano. Este servizo realízano para apoiar o proxecto do Servizo Jesuíta a Migrantes (SJM) no pobo de Huichapán.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!