O Concello de Oleiros contrata a pavimentación de diversas rúas en Nós e Os Regos
O Concello de Oleiros adxudicou diversas obras de pavimentación e acondicionamento de rúas municipais. O importe total dos tres proxectos contratados ascende a 413.467 euros.
Nas vindeiras semanas, e en función das condicións climatolóxicas, procederase á pavimentación de diversas rúas no Valiño (Nós). O custo desta actuación, adxudicada á empresa Canarga. é de 219.748 euros.
Tamén foron contratados os traballos de acondicionamento das rúas Río Xallas, Río Ulla e Río Eo por 133.523 euros á empresa López Cao. Renovaranse as beirarrúas en peor estado e a capa de rodaxe da calzada.
A pavimentación das rúas Mapoulas e Abella terá un custo de 40.196 euros e será realizada pola empresa López Cao. No caso concreto da rúa da Abella aproveitarase tamén para instalar a rede de abastecemento de auga.