[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros promoverá a construción de vivendas a prezo reducido en Xaz
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A xestión urbanística que realiza o Concello no desenvolvemento de novas urbanizacións garante un crecemento sostible, ordenado e de baixa densidade. Tamén permite a obtención gratuíta de solo para equipamentos, zonas verdes e parcelas construíbles.
Neste momento, nin o Goberno do Estado nin o da Xunta, que teñen as competencias de vivenda, están a conceder axudas nin a construír vivendas protexidas. Ante esta situación, o Concello vai promover a creación de pisos en diferentes zonas do municipio que se venderán a prezos inferiores aos de mercado.
As primeiras destas vivendas crearanse en Xaz, xunto ao campo de golf, onde o Concello é propietario dunha parcela reservada para a construción de 29 pisos. Para garantir a calidade da edificación e a venda a prezos inferiores aos de mercado, o Concello venderá o solo por unha cantidade económica moi baixa.
Só poderán optar a estes pisos veciños e veciñas de Oleiros. Nos próximos meses informarase sobre os requisitos e prazos para poder optar á adquisición destas vivendas.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]