[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Oleiros celebrará o Entroido cunha festa de disfraces con 4.700 euros en premios
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O venres 28 de febreiro vai festexarse o día grande do Entroido de Oleiros cunha gran festa, a partir das 19:00 horas, na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Nesta festa do Entroido, como é habitual, non faltará o tradicional chocolate con churros, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da Compañía Municipal de Teatro e a orquestra Os Satélites, garantía de música, baile e diversión.
O concurso de disfraces, unha das grandes referencias na comarca coruñesa, repartirá 4.700 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Ademais, haberá tres accésits, un en grupos e outros dous en individual-parellas, para que o xurado poida premiar, se así o considera oportuno, aqueles disfraces que sexan merecedores dalgunha mención especial pola súa participación, enxeño ou especial animación choqueira característica desta festa.
As persoas interesadas en apuntarse ao concurso poderán facelo a través da web municipal. Na propia festa non será posible inscribirse.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]