[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Oleiros aproba unha declaración institucional para apoiar os actos do 8 de marzo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Corporación Municipal de Oleiros aprobou un texto no que se manifesta o apoio do Concello de Oleiros ás distintas manifestacións e mobilizacións que se leven a cabo con motivo do día da Muller ao longo do mes de marzo, así como no exercicio do dereito fundamental á folga xeral convocada para o día 8 de Marzo. O Concello de Oleiros comprométese a seguir traballando pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e tamén instan ás veciñas e veciños a sumarse a este compromiso para que cada persoa, na responsabilidade que ten como parte desta comunidade, manteña unha actitude e un discurso de acordo aos principios de igualdade entre homes e mulleres, principalmente nos roles que temos no noso día a día.
O pleno comezou cun minuto de silencio en lembranza da ex alcaldesa Esther Pita, falecida no día de onte. “Esther era ante todo unha persoa humana, fiel e honrada, características que cada día escasean máis entre a clase política. Sempre será ben lembrada na mente dos bos e xenerosos”, comentou o alcalde.
Na sesión de hoxe tamén se acordou declarar extinguido o usufruto da Xunta de Galicia nos terreos de propiedade municipal cedidos recentemente pola Deputación da Coruña en Bastiagueiro, na marxe dereita dirección Santa Cruz. Igualmente, o pleno aprobou a prorrogación do contrato coa EDAR de Bens, que realiza a depuración das augas residuais da comarca.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]