Oleiros estudia crear dúas novas liñas de transporte público no interior do municipio para dar servizo á veciñanza das zonas de sombra que deixa o transporte colectivo organizado pola Xunta, que é a administración que ten as competencias. A iniciativa municipal tería como obxectivo complementar as liñas existentes na actualidade.
A intención é crear un itinerario na metade norte e outro na zona sur, conectados nalgún punto para facilitar o transbordo e dotar a ambas liñas dunha frecuencia axeitada para que aumentar o seu atractivo.
A empresa concesionaria do transporte público na comarca da Coruña foi convocada a unha xuntanza con responsables municipais para analizar a viabilidade do proxecto, que será analizado con detalle para que o servizo que atenda o mellor posible as necesidades das persoas.
As competencias en materia de transporte son exclusivas da Xunta da Galicia en concellos que non superan os 50.000 habitantes, como é o caso de Oleiros. Tal como din no municipio, “O servizo existente neste momento presenta numerosas deficiencias, denunciadas en reiteradas ocasións por parte do Concello de Oleiros”. En canto á Xunta, o goberno autonómico comprometeuse a dar resposta neste mes a varias das demandas realizadas polo Goberno municipal.