A oficina móbil de Alternativa comeza a percorrer Culleredo e Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A oficina móbil de Alternativa comeza a percorrer Culleredo e Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños atenderá ata o venres a todos os veciños e veciñas afectados pola ampliación da pegada sonora do aeroporto nunha furgoneta. Esta oficina ambulante percorrerá en horario de mañá todas as zonas afectadas destes dous municipios para prepararlle as correspondentes alegacións a todos os cidadáns que o soliciten.

A furgoneta percorrerá as zonas de Tarrío, Fontemaior, Hermida, A Choeira, Ombre, O Burgo, Acea de Ama, Alvedro, Liñares, Carcabelos e A Marisqueira. Ademais tamén pasará polo Graxal e O Temple.

Ademais do servizo presencial que se prestará nesta furgoneta, as persoas interesadas en presentar alegacións poden dirixirse aos teléfonos 981677960 e 604080782 ou aos correos electrónicos culleredo@alternativadosvecinos.org e cambre@alternativadosvecinos.org. O prazo para presentar os recursos ante a Dirección Xeral de Aviación Civil finaliza o 24 de decembro.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!