A Xunta non demanda a Fomento as obras de Sol y Mar e da Ponte da Pasaxe

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda á Xunta que inclúas nas súas peticións a Fomento as obras de Sol y Mar e da Ponte da Pasaxe

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, vai dirixirse de maneira oficial ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para que a Xunta demande ao Ministerio de Fomento a realización das obras de Sol y Mar e da ponte da Pasaxe. Os medios de comunicación publicaban recentemente as peticións da Xunta en materia de infraestruturas públicas dependentes do Estado e, entre as 30 propostas, non aparecían nin Sol y Mar, nin a ponte da Pasaxe. 

Estas dúas actuacións mellorarían notablemente os graves problemas de circulación existentes nos accesos á cidade da Coruña e que afectan a milleiros de cidadáns e cidadás de toda a comarca. De feito, a ponte da Pasaxe é a estrada galega con máis tráfico. Máis de 90.000 vehículos circulan a diario por este tramo que precisa dunha ampliación para acabar cos numerosos colapsos circulatorios que se producen.

Para a construción do túnel e da rotonda na intersección de Sol y Mar os orzamentos do Estado contemplaban un investimento de 4 millóns para  2018 e de 6 millóns para o 2019. Malia ter o proxecto aprobado desde hai meses, o Ministerio de Fomento segue sen licitar a obra e tampouco dá ningunha previsión temporal do seu inicio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!