Obra Infantil “Voa, Voa” de Talía Teatro
A función terá lugar o próximo sábado 18 de xullo ás 12h no local Xente Nova de Tabeaio.
É unha función dirixida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos, na que se divulgará e recordará o enriquecemento de xogar coas palabras. A función pertence ao programa Falaredes de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.,
Será obrigatorio a reserva no 981 67 25 80 (Casa da Cultura) antes do xoves 16 de xullo. O público terá asentos asignados previamente onde só se poderán sentar xuntos membros da mesma unidade de convivencia, deberán empregar a máscara durante a función e a entrada e saída do recinto realizarase de maneira gradual a atendendo sempre ás instrucións dos responsables da actividade.