O obra da rotonda da Chasqueira atópase paralizada pola Consellería de Infraestruturas
O Concello de Oleiros vai solicitar á Consellería de Infraestruturas que emita o informe necesario para a construción da rotonda da Chasqueira, no perigoso cruce existente entre a estrada que conecta Iñás con Pravio e a avenida Salvador Allende. Esta obra, que ten un custo de 579.086,06 euros, vai ser financiada pola Deputación da Coruña.
Esta actuación leva dous anos parada, á espera do informe da Xunta de Galicia. A súa realización vai mellorar notablemente a seguridade viaria neste punto da rede viaria, dado que o actual cruce resulta moi perigoso para os vehículos.