Miguel Ares

Contratada por 1,2 millóns a obra para rematar o novo campo de fútbol municipal

O Concello de Oleiros adxudicou por 1.272.920 euros a obra de construción da segunda fase do campo de fútbol municipal de Mera. Está previsto que os traballos comecen no mes de setembro.

A segunda fase desta nova instalación municipal, que está situada na rúa Fonte Cuba, permitirá concluír o campo e incluirá a construción de gradas, vestiarios e aparcadoiro. Na primeira fase, o Concello investiu 939.011,50 euros no peche total do recinto, na instalación do terreo de xogo de céspede artificial, no rego e na iluminación.

Novas relacionadas