O xoves 20 a comunidade educativa farase oír diante de cada cole

Concentracións de negro para protestar pola escasa implicación da Xunta co ensino de calidade

Reclamar da Xunta que dote aos colexios do persoal que necesitan para ofrecer maiores estándares de calidade é o que buscamos ao apoiar as manifestacións que pais e nais convocan para o 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, diante dos colexios Valle Inclán, Juana de Vega, Luis Seoane, Rabadeira e Parga Pondal. Hai que ir con roupas negras.

Reclamamos que o goberno de Rueda deixe de escatimar coa educación e cumpra os estándares que necesitan os colexios. Por exemplo, este ano ratearon con profesores de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, mestres titores e de rezorzo… xa non falemos doutros proxectos educativos de excelencia, que tiñan gran interese para o alumnado, pero que non se levarán adiante.

Os recortes son múltiples, aínda que este ano afectou sobre todo aos colexios de Perillo e Nós, pero os demais xa saben iso das barbas do veciño.

En Oleiros sabemos ben o que significa un ensino de calidade. Por iso dedicamos cada ano miles de euros a actividades complementarias que a Xunta non cubre: traballamos directamente co profesorado para ofrecer ao alumnado un amplo abano de posibilidades para coñecer o entorno, mellorar a convivencia e educarse en valores como ampliación das disciplinas xa regladas no sistema educativo.

Comparte esta nova!