O venres remata o prazo das subvencións provinciais a entidades musicais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

As entidades provinciais de musica e baile tradicional poden solicitar subvencións para actividades e investimentos no ano 2019 ata o 15 de febreiro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O próximo venres 15 de febreiro remata o prazo para as entidades de música e baile da provincia da Coruña para solicitar as subvencións da Deputación da Coruña en materia de investimentos e realización de actividades para o ano 2019.

As entidades poden presentar na plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña a súa solicitude en calquera dos dous programas abertos:

  • FO213/2019: Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2019. Click para consultar as BASES DESTE PROGRAMA.

 

  • FO214/2019: Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais durante o ano 2019. Click para consultar as BASES DESTE PROGRAMA.

Con estas dúas partidas, o organismo provincial reparte un total de 675.000 euros entre as entidades de baile tradicional e música da provincia da Coruña. O orzamento de gastos a xustificar varía entre ambas convocatorias, sendo no programa de actividades de entre 1.000 e 30.000 euros e no programa de investimentos de entre 1.000 e 15.000 euros.

As actividades que se poden xusificar van desde as actividades formativas, as actividades de documentación, investigación e recuperación da cultura tradicional, á producción de espectáculos, exposicións e organización de festivais.

Os investimentos subvencionables son a adquisición de equipamentos e moblaxe, a realización de reformas e melloras en inmobles de titularidade das entidades, ou a compra de material de uso técnico vinculado ás actividades (vestiario, instrumentos, atrís, partituras, etcétera).

O prazo para solicitar a subvención remata este venres 15 de febreiro de 2019 ás 14 horas. As entidades poden solicitar ata ese momento a subvención en calquera dos dous programas —en función das súas necesidades— a través da plataforma SUBTEL.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!