O Valedor do Pobo responde ante o Servizo de Pediatría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Valedor do Pobo responde ante o Servizo de Pediatría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Carral, 17 de agosto de 2020. – Unha simpatizante de Alternativa dos Veciños de Carral formalizou unha queixa ante o Valedor do Pobo a raíz da diminución do Servizo de Pediatría en febreiro.

O Valedor do Pobo responde a AV Carral e require ao Sergas que preste unha atención sanitaria ordinaria en Carral cando se produzan ausencias de persoal. A Oficina do Valedor do Pobo solicita á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que lle indique que medidas vai a adoptar para garantir a atención sanitaria en xornada ordinaria, cando se produzan ausencias regulamentarias dos sanitarios que prestan servizo nos Centros de Saúde de Carral e Cambre.

Ademais, o Valedor do Pobo solicitou que se lle remita a información sobre os medios de transporte dos que están dotados os Centros de Saúde e que permitan desprazar aos usuarios de Carral a Cambre cando se dean estas situacións, así como a dispoñibilidade dos mesmos.

Desde Alternativa dos Veciños de Carral esperamos que a Consellería de Sanidade tome boa nota dos requirimentos da Alta Institución e poña solución ao problema de pediatría en Carral. Se ademais isto serve para mellorar as liñas de transporte (que durante anos foron denegadas) sentirémonos máis satisfeitos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!