O Supremo falla a favor do Concello pola ordenanza da auga

O concello presidido por Victoria Portas recurrira ante ese tribunal para defender o interés da veciñanza

A UTE Xestión Cangas, que xestiona o Ciclo Integral da Auga , impugnara a Ordenanza da cuota da auga aprobada en febreiro de 2020 polo pleno da corporación municipal. O Tribunal Superior de Xustiza dera a razón a UTE, tendo o Concello que interpor recurso de casación, pero recentemente o Tribunal Supremo acepta o recurso de casación presentado polo goberno municipal cando era alcaldesa Victoria Portas, permitindo que o Concello poida seguir aplicando a ordenanza vixente.

A ordenanza pola que AV está a loitar é unha ordenanza máis favorfable para os intereses da veciñanza, mentras que si se aplica a ordenanza do 2014, que é a que a UTE desea que se aplique, a veciñanza verá como se incrementa a súa cuota no recibo da auga, como se demostrou co tarifado que se aplicou no principios do 2015, e que motivou unha importante movilización veciñal.

AV sempre defenderá a loita por unha ordenanza económicamente xusta para a veciñanza e por pagar unha cuota razoable pola auga por ser un servizo básico e esencial que o que non pode e agravar máis as rendas das familias.

Comparte esta nova!