[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Sergas atende as peticións de Alternativa dos Veciños e incorpora outro pediatra ao Centro de Saúde de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo presentou múltiples solicitudes diante da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña para que se procedese a mellorar o servizo de pediatría nos centros de saúde do municipio e, finalmente o Sergas accedeu a incorporar máis persoal para o servizo de pediatría.
Alternativa dos Veciños leva traballando moitos meses e presentando solicitudes diante da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, para que se procedese a mellorar o servizo de pediatría nos centros de saúde do municipio. Mesmo, o pasado verán Alternativa puxo en marcha unha exitosa campaña de recollida de firmas para solicitar ao Sergas e á Xunta de Galicia melloras neste servizo. Finalmente, o Sergas atendeu as solicitudes de Alternativa e da veciñanza de Arteixo e accedeu a incorporar no día de onte un novo pediatra ao Centro de Saúde de Arteixo.
“En Alternativa estamos moi contentos coa decisión do Sergas de incorporar un novo pediatra. É unha gran noticia e estamos seguros de que mellorará a atención neste servizo. Tamén, a incorporación dun novo pediatra axudará a desconxestionar as listas de espera” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.
En principio o novo pediatra terá que compartir sala e alternar consulta cun médico de familia, xa que no Centro de Saúde de Arteixo non hai máis salas libres.
“É verdade que isto é un problema, xa que un pediatra teña que compartir sala e alternar consulta cun médico de familia non é o máis lóxico nin o máis normal, e moito menos, cando no Centro de Saúde de Vilarrodís hai moitas salas libres e algunha xa está habilitada para o servizo de pediatría. É por iso, que mañá solicitaremos á Xerencia de Área Sanitaria que estude a posibilidade de que o novo pediatra poida consultar en Centro de Saúde de Vilarrodís, xa que ademais de ter unha sala propia e habilitada para pediatría, tamén se liberaría o Centro de saúde de Arteixo” matiza Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]