O saneamento de Cangas nos últimos 10 anos

No período de goberno de Victoria Portas foi cando máis se investiu en saneamento e abastecemento de augas

Tras un informe realizado pola UTE Gestión Cangas podemos coñecer as cuantías invertidas en saneamento e abastecemento polos diferentes gobernos cangueses, e os que se realizaron por conta do plan de inversións asinado coa UTE no 2014 ou os realizado a cargo de fondos propios ou subvencións.

Pero que presentara proxectos ou memorias no concello non sempre se reflexou en obra realmente realizada ou que se fixera a través do Plan de Inversións asinado, igual que o acordo de levar a cabo dúas obras pendentes que a UTE a día de hoxe non comezou e non xustificou tampouco o motivo da súa demora que xa supera con creces o ano.

O que si se pode indicar clamente son os proxectos executados e o importe dos mesmos desde o ano 2017. Podemos indicar que no 2017 levouse a cabo a obra de Abastecemento a Herbello e conexión co depósito de Piñeiro por importe de 293.668,03€. No ano 2018 os proxectos que se levaron a cabo foron Abastecemento Arneles, Gandón e Pepe Durán por 84.641,25 € e saneamento da rúa Baiona por 49.466,47 €. En 2019 en abastecemento invertiuse no Xistro e a Rosada 117.744,62 € e nos Raios UVA da depuradora de Cangas por importe de 293.591,29 €.

Xa en 2020 a inversión foi na rúa Poio por 37.067,31 € e demorando as obras marcadas por mor do Covid. É no mandato de Victoria Portas, entre febreiro do 2021 e maio do 2023 cando maior inversión se realizou en saneamento e abastecemento dos últimos dez anos: En abastecemento invertéronse 234.658,64 € en obras como rúa Insua, Chamiceira, Santas e a Rosada Muiño de Fausto, e en saneamento a inversión foi de 2.217.490,34 € en obras como Espiritu Santo I, Edar de Donón, Subconca de Aldán, Praza de Abastos, Patas en Nerga, Baixada a Francón, Rúa Viso Hio e a última en Romarigo.

E ademáis pódese observar que todas as obras realizadas ata o ano 2021 sempre foron a cargo do plan de inversións asinado coa UTE, mentras que no mandato de Victoria Portas e cun orzamento prorrogado desde o ano 2020, se realizaron moitas obras a cargo de fondos propios ou subvencións, que alcanzaron a cuantía de 423.424,25 €.

Tamén chama a atención que desde o ano 2015 de forma anual, os diferentes gobernos invertiron en maior ou menor medida en saneamento e abastecemento na nosa vila, pero as inversións sempre existiron, cousa que non sucede neste intre. O tripartido actual non realizou nin un euro de inversión no seu ano de goberno. Para falar destes temas e porlle solución se decidiu con todos os colectivos implicados e coa corporación municipal a creación da Mesa de Medio Ambiente, mesa que aínda non se convocou nin unha soa vez, polo que dificilmente podemos dicir que estamos preocupados pola contorna do noso concello e que estamos “trabajando en ello” se nada se sabe nin de obras, nin sepediron subvencións, nin se convoca a mesa de medio ambiente.

Comparte esta nova!