As suxestións realizadas por Alternativa e pola Cofradía de Pescadores San José de Cangas, fixo que no novo borrador do DEUP contlemple a desafectación. A colaboración entre organizacións que buscaban o mellor para o seu pobo vese hoxe como resultado neste documento.
Alternativa dos Veciños fai publica a súa satisfacción, tras comprobar que na publicación da versión inicial da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) incluido o estudo ambiental estratéxico no BOE do 29.08.24 por parte dos Portos de Vigo, xa se contempla a desafectación dos 45.000 m2 da zona do Salgueirón, según os mapas que a propia DEUP publica, podemos comprobar que dita desafectación abrangería aproximadamente medio kilómetro na línea costeira, desde o Muelle de Massó (antiga conserveira de Massó) ao Cabo Balea (Punta Borneira ou Muelle da Congorza).
Esto foi conseguido grazas as xestións de AV no seu momento, xa que presentamos diferentes suxerencias no periodo de alegacións nas que solicitamos a desafectación de dito ámbito co obxecto de que se destinara ao ocio e esparcemento do núcleo urbano e que foron tomadas en consideración no documento de avalización medio ambiental que se atopa en exposición pública, tal e como indica a propia memoria do borrador exposto públicamente.
Igualmente queremos agradecer tamén as alegaccións no mesmo sendido, que no seu momento presentou a Cofradía de Pescadores San José de Cangas, o que é óbvio unha colaboración entre organizacións que o que buscaba era o mellor para os intereses do seu pobo e que hoxe se ve como resultado neste documento.
Se ben o primeiro recoñecemento do ámbito é importantísimo, estamos no periodo de exposición pública e con posterioridade a dito prazo o documento pasará a aprobación inicial e a aprobación definitiva, percorrido administrativo que podría durar uns dous anos, dun documento de Plan de Usos que de aprobarse definitivamente Cangas xa estaría en disposición de seguir as xestións necesarias que permitirían a cesión gratuita de dito espazo publico en favor do concello de Cangas.
Así o espazo do Salgueirón xa en mans do concello podría ser un espazo a recuperar para uso e disfrute da nosa veciñanza.