O sábado inaugúranse as rúas Orquestra Os Satélites e Pucho Boedo
O vindeiro sábado día 23 de xuño, ás 12:00 horas, realizarase o acto de inauguración das dúas novas rúas de Perillo, dedicadas á Orquestra Os Satélites e a Pucho Boedo. Estas vías abríronse recentemente con motivo das obras de urbanización na zona da Corredoira das Viñas.
A nova urbanización, situada no centro de Perillo, foi dotada de todos os servizos públicos necesarios para o desenvolvemento urbanístico. As dúas rúas que foron creadas levan o nome do cantante Pucho Boedo, en recoñecemento a unha das mellores voces da historia de Galicia, e da Orquestra Os Satélites, como homenaxe ao seu fundador Lolito, veciño de Perillo. Ademais, habilitáronse 2.400 metros de zona verde cun novo parque infantil. Tamén está prevista a construción de vivendas que se destinarán ao aluguer protexido.