O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas nas Torres de Santa Cruz

Máis de 1.000 persoas gozarán dunha xornada de convivencia e diversión.

Centos de persoas maiores de 65 anos volverán participar este sábado na Romaría das Merendiñas, unha festa que naceu no 1994 da man de Esther Pita, entón concelleira de Servizos Sociais, e da Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz. O obxectivo era recuperar as festas populares que se facían antigamente pola chegada do bo tempo -que precisamente tiñan lugar na zona das Torres- e ofrecer ás persoas maiores unha xornada de convivencia e divertimento, ben merecida tras unha vida de traballo.

Con ese espírito intacto, o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños, xunto coa inestimable colaboración altruísta de máis dun cento de persoas colaboradoras de entidades de todo o municipio, segue a conservar esta festa na que as persoas maiores reúnense e pasan un rato agradable en compañía de amigos e veciños, cos que en moitos casos non se ven con asiduidade. Unha actividade municipal máis para o envellecemento activo e o lecer das persoas que co seu esforzo lograron construír o país e o municipio do que hoxe gozamos.

Nada ten que ver esta romaría única en Galicia -polo lugar de celebración, as decenas de colaboradores, o ambiente…- coas comidas que se organizan para maiores por toda Galicia, en pavillóns pechados, con catérings,..

Comparte esta nova!