O sábado 7 de xullo celébrase a II Romaría de Alternativa dos Veciños

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_single_image image=”25377″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O sábado 7 de xullo celébrase a II Romaría de Alternativa dos Veciños

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O vindeiro sábado día 7 de xullo a Finca Tenreiro, situada na localidade de Nós, acollerá a II Romaría de Alternativa dos Veciños. Unha gran festa aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen pasar unha xornada festiva nun lugar único. 

A entrada será libre e aberta a todos os veciños e veciñas non só de Oleiros, senón tamén doutros municipios limítrofes nos que tamén estamos a traballar arreo. Cada quen será libre de traer a comida que estime oportuna, de facela alí mesmo se o prefire, de organizarse por grupos… Haberá mesas e sillas e estará a Pulpeira de Melide. Ademais a charanga Os Charanghos amenizará a xornada coa súa música.

Despois de moitos anos celebrando a cea anual de Alternativa dos Veciños no Mesón de Pastoriza, o ano pasado decidiuse achegar esta festa ao Concello de Oleiros, nunha data na que se puidera facer ao aire libre, coa intención de facilitar a participación a todos os veciños e veciñas.

Esta romaría, igual que o era cea de Pastoriza, é unha festa aberta a todas as persoas que desexen pasar un día singular e distinto, neste caso na Finca Tenreiro. Como xa é sabido, en Alternativa dos Veciños non existen carnets, polo que calquera que simpatice coa maneira de traballar e de actuar do grupo de seguro que atopará neste encontro unha grata compañía.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!