[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O PSOE desenténdese da súa labor de control sobre o Goberno local
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Non todo o que fai o Goberno municipal de Arteixo é malo para o concello. Aínda que existen acertos na xestión, son moitas as ocasións nas que están a realizarse actuacións de dubidosa legalidade que atentan contra o interese xeral do municipio. Non se pode gobernar nin contratar obras e servizos saltándose as leis e a normativa vixente.
Para fiscalizar este tipo de actuacións a oposición ten unha función moi importante de control, que o PSOE arteixán pasa por alto. O voceiro municipal do grupo socialista parece estar máis preocupado pola participación de Alternativa dos Veciños nas vindeiras eleccións municipais que por cumprir coas súas responsabilidades como membro da Corporación.
O noso grupo político xa se presentou nos comicios de 2015 e non chegou a acadar representación por 54 votos. Aínda así quedou claro que son moitos os cidadáns e cidadás que confían na nosa forma de facer política. Alternativa dos Veciños traballará para acadar o mellor para Arteixo, ben desde a oposición ou colaborando cun Goberno local que respecte as leis e se interese unicamente pola súa veciñanza. De seguro que no próximo mes de maio as margaritas da Alternativa tamén florecerán en Arteixo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]