Máis de 3 meses despois de que o Goberno municipal denunciase a falta de servizo de pediatría no norte do municipio durante o verán -situación que se prolongará ata novembro-, o PSOE de Oleiros acórdase deste grave problema.
Resulta alarmante tal descoñecemento da realidade e tal retraso dado que ninguén debería estar mellor informada que a voceira do PSOE que exerce como médica na Casa do Mar de Mera.
O Goberno municipal e as entidades veciñais do norte do municipio levan anos reclamando a ampliación de espazos na Casa do Mar de Mera para a creación dun centro de saúde acorde á poboación de Dexo, Serantes e Maianca. Foron moitas as demandas e reclamacións realizadas nese aspecto, as últimas o pasado mes de xaneiro cun acordo do pleno municipal e unha multitudinaria concentración veciñal, que o PSOE non apoiou, nin tampouco o PP.
A solución máis viable, máis inmediata no tempo e menos custosa para as arcas públicas, neste caso da Xunta de Galicia, pasa por adecuar a planta superior da Casa do Mar de Mera para que preste servizo acorde ás necesidades presentes e futuras de Maianca, Serantes e Dexo. O demais é pura demogaxia para intentar enganar e manipular á opinión pública.