[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O proxecto de Alternativa dos Veciños pode garantir a gobernabilidade en Sada
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños preséntase como única alternativa para lograr unha corporación gobernable despois do próximo 26 de maio en Sada.
O próximo 26 de maio preséntanse oito candidaturas no Concello de Sada. Un caso extraordinario para un municipio do tamaño de Sada. Nese mapa político, Alternativa dos Veciños preséntase como un partido con experiencia na boa xestión municipal e garantía de gobernabilidade. Nós non somos un experimento con gasosa nin unha mestura de siglas. Alternativa está avalada pola aprobación de orzamentos, de Plans Xerais de Urbanismo e por un compromiso inquebrantable co local e a veciñanza.
Alternativa dos Veciños traballará en Sada por unha modificación do PXOM para que responda ao interese veciñal, e non aos intereses duns poucos. Loitará pola recuperación da praia urbana e polo patrimonio de toda a veciñanza. Somos un proxecto feito por e para a xente de Sada.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS SADA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]