O Portal de Transparencia continúa desactualizado

Alternativa volveu reclamar a falta de actualización do Portal de Transparencia do Concello de Cambre, ao considerar que continúa sen ofrecer información pública relevante para a cidadanía.

Nesta ocasión, o grupo puxo o foco na ausencia do Plan Anual de contratación, un documento que permite coñecer as contratacións de servizos previstas polo Concello.

A publicación deste documento facilita o seguimento da acción de goberno por parte da veciñanza, das empresas interesadas e dos grupos municipais, establecendo unha folla de ruta e de traballo.

O goberno local comprometeuse e aceptou a proposta, como xa o fixera con outras peticións como a actualización das retribucións dos membros da corporación ou a publicación das actas dos plenos.

“O Portal de Transparencia debe ser unha ferramenta útil e actualizada, que tamén demostra os compromisos adquiridos” sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!